Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sae a licitación o proxecto da nova estación depuradora de Cee-Corcubión

A Xunta asumirá os custos e a construción e o goberno ceense aportará os terreos

Cee. A Conselleira de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de licitar a redacción do proxecto construtivo da nova estación depuradora de augas residuais de Cee e Corcubión, por un importe de máis de 347.000 euros. As empresas interesadas na redacción teñen de prazo ata o día 18 de febreiro para presentar as súas ofertas. O periodo de execución do contrato é de 12 meses.

Augas de Galicia realizou unha análise de alternativas co obxecto de determinar a mellor ubicación para a execución da citada depuradora. O estudo, enmarcado nas actuacións proxectadas pola Xunta para a mellora do sistema de saneamento nestes dous concellos da Costa da Morte, permitiu determinar no municipio de Cee o lugar para executar a nova estación depuradora.

O contrato enmárcase no convenio de colaboración entre a entidade dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Cee. O acordo, aprobado polo Consello da Xunta o pasado día 9 de decembro, supón un investimento de preto de 370.000 euros.

A entidade hidráulica entregará ao Concello o estudo de alternativas no que se determinan as parcelas onde se vai ubicar a depuradora, asumindo integramente a financiación e licitación do proxecto construtivo, que supón un investimento de máis de 347.000 euros, así como a súa supervisión e aprobación. A actuación conta coa cofinanciación da Unión Europea, e o Concello de Cee aportará os terreos necesarios. J. M. R.

12 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.