Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

San Valentín impulsa a economía circular en Vimianzo e o amor á terra en Carballo

As sinerxias do amor e a creatividade farán da festividade de San Valentín unha celebración máis especial. Así, en Vimianzo o obradoiro de pastelería Algareira, xunto cunha decena de establecementos locais, impulsou unha campaña que busca fomentar a economía circular e que está inspirada na película Desayuno con diamantes.

Lencería, libros, electrodomésticos, produtos de imprenta, restaurantes e ata un pack de fitness son algunhas das propostas que atoparán quenes se acheguen á capital de Soneira a mercar o agasallo para a súa parella. “El objetivo es que entre todos podamos ofrecer un producto distinto, de forma que los enamorados encuentren un regalo adaptado a cada gusto y a cada bolsillo, al tiempo que colaboran con la filosofía de la economía circular”, afirma Silvina Muñoz, promotora da campaña.

Pola súa banda, o Concello carballés traza, un ano máis, unha ponte entre os dous días do amor que se celebran no mes de febreiro –o 2, Día da Candeloria, e o 14, Día de San Valentín– para deixar vía libre ás manifestacións de benquerenza por Carballo. Co lema Carballo levámolo dentro pretenden chegar ao corazón mesmo da veciñanza “e conseguir a implicación popular no obxectivo que debe unir a todos os carballeses e carballesas: facer fachenda do noso pobo”, afirman.

O mercado semanal foi o escenario da primeira iniciativa da campaña: un photocall no que todas as persoas que quixeron puideron facerse fotos para levar como recordo ou para compartir nas redes sociais do Concello. Propoñén ademais amosar ese amor por Carballo enviando por Whatsapp (604 072 887) un vídeo ou unha fotografía alusivos ao lema da campaña, que publicarán nas redes sociais e que recompensarán cun agasallo. O prazo remata o 14 de febreiro.

As redes sociais serán tamén a plataforma na que se poderán ver e escoitar a distintas persoas que levan Carballo dentro e que queren compartir ese sentimento: carballesas e carballeses que destacan nas súas facetas profesionais, como a enxeñeira informática, profesora e investigadora da UDC Verónica Bolón, o xornalista Manuel Rey, as futbolistas Elena Vázquez e María Varela Bardanca, os arquitectos Diego Díaz e Gustavo Figueira e a cociñeira Rocío Martínez.

04 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.