Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Saneamento e renovación de pavimentos dos camiños interiores no lugar de Frixe

Muxía. O equipo de goberno de Muxía sacará a licitación as dúas fases de saneamento e camiños interiores de Frixe por máis de 200.000 €.

“Antes de entrar no goberno, na campaña electoral, prometemos que o lugar de Frixe tería neste goberno un aliado prioritario tras varias lexislaturas sen inversión. Por iso, decidimos facer algunha actuación puntual anterior a esta gran licitación pero, con esta última, pasa a ser un dos núcleos con máis inversión deste municipio”, destacou o alcalde Iago Toba.

Con estas obras preténden non só acometer a renovación e acondicionamento dos pavimentos interiores, senón tamén “facer un perfeccionamento desde un punto de vista estético”, afirma. Así, en dita intervención combinarase a pedra e o formigón para instalar unhas rúas que sexan características e sinal de identidade dese núcleo”, engadiu.

O concelleiro de obras, Javier Romar, puxo en valor “a importancia e aposta en firme deste goberno local pola mellora da calidade de vida do noso rural cunha inversión histórica nesta zona”. Na mesma liña, Toba fixo fincapé no “orgullo de ter un concelleiro, que non tendo dedicación remunerada, está diariamente atendendo as demandas veciñais e traballando a reo por facer de Muxía un lugar mellor e máis confortable”.

Acondicionamentos da rede viaria por valor de 140.000 euros

Paralelamente a este investimento histórico, o Concello de Muxía tamén está a executar actualmente arranxos de estradas e ampliacións de saneamentos por valor de máis de 140.000 euros, como son os casos das melloras na estrada de Senande-Trasufre, Prado-Vilamaior, Añobres-Os Muíños ou a ampliación do saneamento en Ozón e Chorente.

28 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.