Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Semescom alega contra os proxectos eólicos na contorna dos Penedos

Argumentan razóns lexislativas, científicas, culturais, históricas e tamén arqueolóxicas

Vimianzo. O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) presentou alegacións contra os proxectos dos parques eólicos Monte Chan e Pena dos Mouros “por ameazar os Penedos de Pasarela e Traba e a serra costeira da Pena Forcada”.

Respecto ao primeiro, argumentan razóns lexislativas, dado que os Penedos están declarados Paisaxe Protexida, e tamén científicas e naturais amparándose en estudos xeolóxicos e xeográficos. Aducen tamén razóns arqueolóxicas, históricas, culturais e literarias, ademais das económicas, centradas sobre todo no ámbito do turismo.

En relación co proxecto de Pena dos Mouros, dende Semescom entenden que “os muíños eólicos danarían e invalidarían a chamada Ruta dos Penedos do Piñeo”, e sinalan que mesmo a Secretaría Xeral de Turismo cita a Pena dos Mouros como “un dos catro cumes da paisaxe protexida Penedos de Pasarela e Traba”. O parque afectaría tamén á Ruta dos Naufraxios da Costa da Morte e ao popular Camiño dos Faros.

Piden á Consellería de Medio Ambiente “que transforme esta ameaza contra os Penedos nunha oportunidade para a posta en valor desta Paisaxe Protexida e convertela no Parque Granítico Multiforme de Galicia”. J. M. R.

11 mar 2021 / 16:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.