Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Sogama xa ten parcelas para a nova planta de residuos no parque de Cee

Facilitará a descarga e suporá un aforro para os concellos que usan actualmente o servizo

Cee. A Xunta de Galicia pechou hoxe a compra de dúas parcelas do polígono industrial de Cee nas que se instalará a nova planta de transferencia, por un importe de máis de 270.000 euros.

O presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), Javier Domínguez Lino, e a xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, pecharon na Coruña a adquisición das parcelas 15 e 16, ás que se trasladará a actividade da planta que actualmente está situada no Monte do Son.

A súa función é a de transvasar os residuos desde os camións municipais a contedores de gran capacidade, para ser transportados, con todas as garantías ambientais e de seguridade ata o complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, onde reciben o tratamento oportuno conforme as súas características.

Ambas parcelas suman un superficie global de 4.530 m2, polos que Sogama aboará a SEA un importe de 271.347 euros. A nova planta de transferencia, que xestionará directamente Sogama, disporá dunha ubicación estratéxica, ao posibilitar o acceso a servizos esenciais, como enerxía, auga, saneamento e Internet.

Esta localización, afirman, “propicia mellorar a accesibilidade e comodidade da instalación, polo que se garante un mellor servizo aos concellos que actualmente fan uso da mesma, que son os de Cee, Fisterra e Corcubión, ao resultar máis áxil a descarga, o que se traduce nun aforro de tempo e de combustible”. En 2020 transvaron unhas 5.800 toneladas de residuos. J. M.

22 abr 2021 / 18:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.