Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Sondean a Correos para os envíos a domicilio do portal MerCamariñas

Camariñas. O Concello de Camariñas está a estudar un convenio de colaboración con Correos polo que ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos ás tendas adheridas a MerCamariñas, a central de venta en liña que naceu co obxectivo de adaptar aos vendedores e vendedoras ao comercio electrónico para que poidan vender os seus produtos en Internet.

Os responsables da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, reuníronse co xefe de sector de Correos, José Manuel Costa, e o director da oficina en Camariñas, Fernando Mohedano. Están a preparar unha oferta cunhas tarifas especiais das que todos os comercios poidan sacar proveito. Ademais, estudarán outros beneficios para os comercios adheridos á central de ventas.

A concelleira de Comercio, Lara Pasantes, explicou que “o obxectivo é abaratar os custes dos envíos para que as vendas a través da plataforma sexan máis rendibles para os comercios”. J. M. R.

16 abr 2021 / 17:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.