Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Teatro, títeres, maxia e un magosto popular no outono cultural muxián

A Asociación Amigos de Gervasio Sar fará memoria do ‘Prestige’ nunha mesa redonda

Muxía. A concellería de Cultura, que dirixe Olalla Benlloch, deseñou un amplo programa cultural para este outono, que se desenvolverá na Sala do Voluntariado de Muxía do 8 de outubro ao 10 de decembro. Avelino González erguerá o pano cos seus Contos de contrabando o día 8 ás 20.00 horas.

Despois visitarán Muxía os Títeres Brincadeira, con Orellas de trapo, (día 15, 18.00 h.); Amorodio, con Reino Extinción (día 22, 20.00 h.); Barafunda Animación, con O censor de monstros (día 29, 18.00 h.); Talía Teatro, con Morte accidental dun anarquista (5 de novembro, 20.00 h.); Polo Correo do Vento, con Mario pensaba que o galego non servía para nada (día 12, 18.00 h.); Tarabela, con Costureiras (día 26, 20.00 h.); e o Mago Teto, con Alquimia (10 de decembro ás 18.00 h).

Ademais, o 18 de novembro, ás 19.00 horas, haberá unha mesa redonda baixo o lema Memoria do Prestige. 20 anos, organizada pola Asociación Amigos de Gervasio Sar. Ao día seguinte celebrarase un magosto.

As funcións destinadas para público familiar (18.00 horas) serán de balde e as dirixidas a adultos (20.00 horas) custarán 1 euro. As entradas poderán mercarse no despacho de billetes que permanecerá aberto desde media hora antes de cada actuación.

A concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, asegura que “esta programación cultural outonal ofrece a toda a veciñanza unha oportunidade de gozar da nosa vila e de pasar un rato agradable en familia”.

O Concello muxián tamén porá en marcha unha amplia oferta de escolas deportivas, que inclúe fútbol sala, fútbol, iudo, patinaxe, psicomotricidade e balonmán.

Ademais, para as persoas adultas haberá ximnasia de mantemento, pilates, GAP, spinning e tonificación. M. l.

06 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.