Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Todas Nós xunta ás mulleres profesionais e emprendedoras da Costa da Morte

No mes de marzo nacía a Comunidade de Mulleres profesionais e emprendedoras Todas Nós, coa publicación nos directorios das biografías profesionais das mulleres que forman parte da rede.

Unha rede da que xa forman parte 73 mulleres, e que agora da un paso no seu camiño cara a igualdade coa convocatoria do primeiro evento presencial gratuíto Todas Nós, somos todas, que terá lugar o sábado 25 de setembro de 10.30 as 12.30 horas no restaurante Catro Perras, en Corcubión.

Un encontro “que nos permita coñecernos, falar e falarnos. Compartir experiencias e inquietudes, crear comunidade, rede e alianzas”, afirma a socióloga e impulsora da comunidade, Patricia Vaquero. Un dos obxectivos da xuntanza será reflexionar en torno “ao papel que queremos ter como mulleres profesionais e emprendedoras no rural. E de como articular a nosa comunidade”, engade.

Para participar é necesario inscribirse previamente no directorio de Todas Nós en (https://nosigualda de.com/ todas-nos/).

Todas Nós é, segundo Patricia Vaquero, “unha iniciativa que nos fai especial ilusión pois materializa a nosa visión da necesidade de igualdade de oportunidades e promove a visibilización do papel fundamental que teñen as mulleres no desenvolvemento do medio rural”. Naceu para visibilizar e por en valor o traballo e as aportacións á sociedade das mulleres rurais profesionais da Costa da Morte.

Un espazo onde visibilizar e nomear as mulleres para que poidan ser referentes de outras mulleres e nenas, e no que poden compartir traxectorias vitais e profesionais.

Pretende ser tamén u espazo de referentes femininas “que normalicen o rol da muller profesional, emprendedora, liderando, aportando valor e promovendo o desenvolvemento económico, político, social e cultural do noso rural”, conclúe a súa impulsora.

20 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.