Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trampeo contra as velutinas en Zas

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas plántalle cara á praga da vespa velutina cunha campaña de trampeo na que se contarará coa colaboración da veciñanza. Para iso, o Concello repartirá trampas e líquido atraínte entre os veciños e veciñas que o soliciten. “O obxectivo é reducir o número de niños nun momento clave como este que é cando as vespas comenzan a súa actividade despois do letargo invernal”, sinalou o alcalde, Manuel Muíño, durante a presentación da campaña.

Quenes desexen colaborar deben dirixirse ao centro sociocultural de Zas para recoller as trampas e o líquido atraínte correspondente. A solicitude debe facerse previamente a través do número de teléfono 981 751 398 e en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. As trampas deberán instalarse en lugares sensibles: zonas con froitais, camelias, rododendros,... e deberán informar cada quince días do número de vespas capturadas en cada unha das trampas.

Ademáis, xa se comezou coa instalación de trampas naqueles puntos máis sensibles do noso municipio como as zonas dos centros educativos, paseos fluviais e parques infantís. Ao igual que nos anos anteriores, todas as trampas están identificadas co logo do Concello de Zas e cada quince días renovarase o líquido atraínte. E como vén sendo habitual, nesta campaña de trampeo tamén participan os apicultures do municipio.

19 mar 2021 / 17:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.