Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trasladan as atraccións de Muxía á praza do Coído pola negativa de Portos

O ente público denegou a autorización para que se celebrase na zona portuaria // Comunicaron ao Concello que debería solicitarse con dous meses de antelación

O Concello de Muxía decidiu emprazar o parque de atraccións nunha nova localización, tras a negativa por parte de Portos de Galicia a que se ubicara na zona portuaria da vila. A feira, que se encadra dentro do programa cultural MuxiUp, “comezará este mércores, pero finalmente terá lugar na praza do Coido ata o 27 de xuño”, aseguran.

Desde o goberno local, que preside Iago Toba, aseguran que “a autorización entregouse como se viña facendo co resto de festividades, como a Barca e o Carmen. De feito, non tivemos contestación ata o día de hoxe, cando xa levaban as atraccións preparadas no porto catro días”.

O rexedor considera “incompresible como, a un día da inauguración, informan que este permiso tiña que ser solicitado con dous meses de antelación e máis na situación actual na que estamos, que as previsións vense reducidas nos prazos debido á pandemia”. “A pesar deste escollo, o Concello encontrou outra alternativa en tempo récord para emprazar a feira, e por moitos paus nas rodas que nos poñan, seguiremos a traballar sen descanso polo mellor para a veciñanza de Muxía”, concluíu.

22 jun 2021 / 20:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.