Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 13 agosto 2022
15:52
h

Traxes de Costa de Marfil con encaixes de Camariñas na galería Stoupa de Cee

    Cargando reproductor ...
    Cargando reproductor ...

Cee. Amigos da ONG Egueire achegáronse á galería Stoupa, de Cee, para gozar nun ambiente festivo da exposición De Costa a Costa, que combina a artesanía de Costa de Marfil coa da Costa da Morte. Forman a colección pezas da artesá marfileña Mimi La Bish, que integra o encaixe de bolillos camariñán nos deseños de traxes cerimoniais de diferentes etnias do país africano.

Begoña Fernández, xerente da galería ceense, analizou as pezas que forman parte da colección e sinalou “a importancia de documentar as técnicas tradicionais da artesanía, pois así se poderán enriquecer as artesás de hoxe en día, permitíndolles adaptar o oficio tradicional ás novas tendencias estéticas e aos usos que require a sociedade actual”.

Desiré Kouakou, presidente de Egueire, agradeceu a colaboración desinteresada de Stoupa e explicou como xurdiu este proxecto. Reflexionou sobre o problema de medir cos mesmos parámetros a nosa vida no primeiro mundo coa dos países africanos, “porque están en esferas moi diferentes, con realidades que merecerían ser recoñecidas e respectadas mutuamente”.

Irma Macías, vocalista de Luar na Lubre, e o guitarrista Xaquín Rama amenizaron a velada. A exposición pode visitarse ata mediados de xullo, de martes a sábado polas mañás ou concertando cita no 661 436 483 ou en www.stoupa.gal. M. L.

28 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.