Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tres feridos nunha colisión en Vimianzo

Un turismo e unha furgoneta chocaron na AC-552, á altura do parque empresarial

Unha colisión frontolateral entre un turismo e unha furgoneta saldouse con tres persoas feridas a raíz do forte impacto. O accidente tivo lugar ás 15.00 horas na estrada AC-552, á altura do enlace co parque empresarial de Vimianzo.

Dous dos feridos quedaron atrapados, aínda que finalmente poideron ser liberados antes da chegada dos bombeiros do parque comarcal de Cee. Tras recibir as primeiras asistencias do persoal sanitario 061 foron traslados ao hospital.

Ata o lugar, ademais dos sanitarios e os bombeiros, que colaboraron na limpeza da estrada empregando area absorbente para conter os vertidos de aceite, tamén acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, voluntarios de Protección Civil de Vimianzo, así como persoal de mantemento de estradas.

29 sep 2022 / 19:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.