Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tres obras teatrais para o mes de marzo en Cee

COSTA DA MORTE. Neste mes de marzo o Concello de Cee retoma o pulso da actividade cultural cunha triple oferta na casa de cultura. A primeira actividade virá da man de Ainé Producións e o seu espectáculo Somos Criminais, protagonizado por Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán. Poderá visionarse en formato cine o día 13 ás 20.00 horas.

Na fin de semana seguinte, da man da compañía ceense Talia Teatro as familias, especialmente os avós e os seus netos, teñen unha dobre cita arredor do mundo dos xogos tradicionais. Ás 12.00 horas terá lugar unha charla coloquio titulada O mundo dos contos e os contos do mundo, a cargo de Ricardo Pérez y Verdes (Melga), e xa pola tarde, ás 18.00 horas, terá lugar a representación do espectáculo Voa, voa protagonizado por María Ordoñez e Toño Casais, con posterior debate entre público e actores.

Finalmente, o sábado 27 de marzo, ás 20.00 horas Butacazero presentará a súa nova montaxe 32 m2, xurdida durante a época do confinamento.

Todas as actividades contan con aforo limitado e estarán suxeitas ás medidas de seguridade sanitarias habituais. É, pois, aconsellable facer a reserva previa de entradas, ben na oficina de cultura polas mañás ou na Biblioteca Francisco Mayán, polas tardes.

05 mar 2021 / 16:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.