Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tres veciñas de Camariñas loitando en primeira liña coa pandemia

Eu son Camariñas é un proxecto municipal creado para dar visibilidade aos veciños e veciñas que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. Na súa segunda entrega, as protagonitas son tres xoves que hoxe en día están a traballar en primera liña na loita contra a COVID.

A doutora Alicia Ogando exerce de pediatra no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde tamén traballa como enfermeira na UCI COVID Laura Rodríguez, mentres que María Oanes é coidadora de persoas con diversidade funcional. As tres protagonizan o novo vídeo-entrevista que pode verse xa na web www.eusoncamarinas.es.

Alicia, no último mes traballou tamén na UCI e asegura que “foi unha experiencia que me fixo aínda máis consciente da realidade que estamos vivindo”. A este respecto, Laura asegura que nesta terceira onda do COVID “o número de pacientes é menor, pero a gravidade dos casos é maior e baixou moito a media de idade respecta ás ondas anteriores”. María asegura que para as persoas con diversidade coas que traballa o máis duro foi á época de confinamento porque “non podían ver as súas familias, e tentamos de apoialos establecendo contactos a través de videochamadas”.

Chegado ao momento actual, no que xa está en marcha a vacinación, “sorprende moito que a xente teña moito medo a vacinarse e non o teña a ir pola rúa sen máscara”, afirma Alicia Ogando, quen di que “aínda hai persoas que non están concienciadas do mal que estamos, das implicacións que ten isto e como vai para a casa a xente que sofre a a COVID”.

As tres comparten hoxe loita contra a pandemia, pero anos atrás foron tamén compañeiras de equipo no Club Balonmán Encaixe Camariñas, unha etapa que lembran con moita ledicia.

Experiencias e vivencias que están a ter unha gran acollida e que, segundo a alcaldesa, Sandra Ínsua, “con esta iniciativa pretendese inculcar un chisco de esperanza a todos os nosos veciños e a todas as xeracións que están a formarse dentro das escolas de todo o concello”.

12 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.