Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Trinta anos na busca de talentos literarios dende a biblioteca de Cee

Presentáronse máis de sete mil seiscentas obras en tres décadas // O vindeiro día 14 farán entrega dos premios dos concursos de 2021

A Biblioteca Municipal Francisco Mayán, de Cee, é moito máis que un centro de lectura. Dende fai 30 anos, fomenta a creatividade literaria dos escolares da comarca a través do Concurso de Achegamento ao Libro, que complementou co certame En Busca do noso Marca-Páxinas, que cumple dezasete edicións.

Uns certames aos que este ano concorreron 247 traballos e que nas últimas tres décadas suman 7.649 obras, segundo o responsable da biblioteca, José Ramón Rey. Agradece o traballo de todos os escolares “por agasallarnos coas súas obras, que sen dúbida foron froito dun laborioso traballo, dada a calidade das mesmas”.

Asegura que os obxectivos son “fomentar a creación literaria, promocionar a lectura e facilitarlle aos nenos e nenas de Primaria canles de expresión creativa na nosa lingua, para contribuír a crear unha sociedade onde o libro e a lectura en lingua galega teñan un papel destacado entre a nosa xuventude”.

O vindeiro venres, día 14, entregaranse os premios da última edición. No certame de Achegamento ó Libro as obras gañadoras foron Un regalo eterno, de Muro Lago Elorza (categoría de 1º e 2º de Primaria), A bágoa, de Sergio Fernández De Larrinoa Deus (3º e 4º) e Ler desbloquea un superpoder, de Marta Otero Fernández (5º e 6º).

Recibirán accésits Celia Trillo Balbuena, Hugo Trillo Trillo, Lara Mosquera Leis, Diego Baamil Andrade, Helena Canosa Durán, Adriana González Leira, Gala Simón Piñeiro y Paula Costa Casais.

Pola súa banda, a gañadora do XVII Concurso En Busca do Noso Marca-Páxinas é Azara Antelo García coa obra A lectura, un mundo de cores. Ademais o xurado outorgou accésits a Daniela Insua Trillo, Antón Sambade Vázquez, Uxía Novo Cambeirao e Iria Góñez Pazos.

10 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.