Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vázquez Freire presenta a súa obra filosófica ‘O moucho voa’ en Corcubión

A casa de cultura de Cee acolle o domingo a representación de ‘Cubo’

Corcubión. O profesor corcubionés de Filosofía, Miguel Vázquez Freire, presentará este venres, día 11 ás 19.00 horas na Capela do Pilar, a súa nova obra O moucho voa, que nace a partir de diversas conversas, no marco das xornadas de filosofía para veraneantes, levadas a cabo na Radio Neria municipal durante a pandemia.

E o sábado 12, á mesma hora e tamén na Capela do Pilar de Corcubión, representarase Aí falaches, Castel@, unha comedia divertida e interactiva que mestura a representación dos textos, o diálogo co público e a creación escénica contemporánea tomando como base as viñetas de Castelao. O espectáculo, protagonizado por Oswaldo Digón e Xavi Veigas, está dirixido fundamentalmente a público adolescente e mozo. Desenvolverase en catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Pola súa banda, en Cee, a casa da cultura local acollerá o domingo 13, ás 18.00 horas, o espectáculo familiar Cubo a cargo da compañía de teatro infantil, Elefante Elegante, que chega da man do programa FalaRedes.

Nel faise unha evocación da amizade, das separacións, da necesidade de coñecemento e da aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero. As imaxes suxeridas polo texto, a evocación da música e a axilidade do xogo físico crean un universo cómico e poético que viaxa dende a fantasía ata o nacemento da curiosidade humana. É unha función gratuíta e para maiores de 4 anos. M. Lavandeira

10 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.