Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo acollerá en tres sesións obradoiros do programa de Fademur ‘Cultivando Igualdade’

O Concello de Vimianzo acollerá en tres sesións diversos obradoiros enmarcados no programa que impulsa FADEMUR, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, baixo a denominación Cultivando Igualdade.

Terán lugar os días 19 de outubro, 29 de outubro e o 12 de novembro, co obxectivo de continuar e complementar os traballos que se realizan pola igualdade e o progreso das mulleres que habitan e traballan no medio rural, e en contra das violencias machistas.

Cultivando Igualdade componse de actividades de sensibilización adaptadas ao medio rural, e inclúe catro modalidades diferentes de obradoiros para a prevención da violencia de xénero. Están dirixidos a adolescentes e mulleres rurais, co fin de tecer unha rede de espazos seguros contra a violencia de xénero na súa contorna, visibilizar as distintas formas de violencia de xénero, informar sobre os recursos e protocolos de actuación ante a mesma e traballar o empoderamento e acompañamento das vítimas no seu proceso de saída.

As actividades, presenciais, levaranse a cabo cumprindo escrupulosamente coas medidas de prevención en materia da COVID-19 en vigor. Este programa tamén dá a opción da formación a distancia, polo que as persoas interesadas teñen dispoñible o contido en www.cultivandoigualdade.org.

Desde o Concello de Vimianzo, animan á veciñanza a participar nesta ‘marabillosa iniciativa, que vén a corroborar o traballo de Fademur coa muller rural desde hai 20 anos neste eido’, sinalan.

18 oct 2020 / 11:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.