Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo fixo un curso de artesanía en vivo

VIMIANZO. As instalacións do Castelo de Vimianzo acolleron o obradoiro Sopla o vidro, enmarcado na programación de Artesanía en vivo que desenvolve o Concello durante este verán. Foi impartido pola artesá Esther Ferreiro, quen ensinou ao público a facer contas de vidro con soplete. A edila de Cultura e Turismo, Rosa Blanco, destacou que “este tipo de actividades son beneficiosas para manter vivo o castelo, pero tamén para seguir apostando por unha programación cultural e de ocio diferente na localidade”. A seguinte e última cita prevista para este mes de xullo está programada para este sábado día 30, ás 17.00 horas. Os e as participantes aprenderán con este obradoiro a repenicar grazas á Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas. Os interesados poden formalizar as inscricións a través da páxina web municipal (vimianzo.gal/turismo). Tamén se celebrou unha nova visita teatralizada á fortaleza soneirá cos Quinquilláns. C.G.

27 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.