Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo guiou a un milleiro de visitantes na Semana Santa

Vimianzo. O Concello de Vimianzo recibiu a visita de case un milleiro de persoas nas visitas guiadas de Semana Santa, as cales puideron gozar do castelo, dos Batáns de Mosquetín e do Castro das Barreiras.

Todo elo sen contabilizar as que botaron man do itinerario libre ‘Cantos séculos podes percorrer nun día?’. O Concello de puxo a disposición das persoas usuarias un mapa cos principais puntos para visitar, apoiándose na conta de Wikiloc e nas audioguías de vimianzo.mobi.

Os penedos de Pasarela e Traba, a ruta dos Dolmens, o castro das Barreiras, a necrópole de Tines, o porto de Cereixo, o Castelo de Vimianzo, o vieiro Fidalgo, Monte Torán, os batáns e muíños do Mosquetín, as fervenzas de Cambeda, a ruta de Calo a Castrobuxán e a ruta polo encoro da Fervenza foron os epicentros desta alternativa de visitas libres, Desde o Concello agradecen o “comportamento “exemplar” de todos os visitantes. J. M. R.

12 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.