Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo levou os callos de Carnés e os Pinchos Irmandiños ao salón Xantar

O Concello de Vimianzo participou novamente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, que se celebra do 9 ao 13 de novembro en Ourense. Este mércores o cociñeiro local Fabián Mouzo comandou a degustación tanto de callos de Carnés como a de Pinchos Irmandiños, nun espazo reservado para Festas de Interese Turístico.

Precisamente a Faguía e o Asalto ao Castelo estiveron presentes para satisfacer o sentido do gusto. A receita dos callos é sobranceiramente coñecida. Para o pincho, Fabián elaborou un canelón particular, xa que non leva pasta, senón unha filloa feita con fariña de castaña, “xogando un pouco con produtos da temporada do magosto”, sinalaba Mouzo, dándolle “un toque máis doce”. O recheo estaba conformado por migas de carrilleira de vaca de Montecelos, o guiso propio desta carne e uns cantarelos, unha especie de cogomelos recollidos nos propios montes vimianceses. A bechamel, con queixo galego, como non, e a salsa do estofado.

Desde o Concello aseguran que a participación en Xantar “é un privilexio, porque axuda a posicionar o noso patrimonio cultural, como é a Faguía de Carnés e o Asalto ao Castelo de Vimianzo, celebracións declaradas Festas de Interese Turístico Galego, pero ademais a nosa gastronomía, moi vencellada á nosa cultura e a dúas celebracións que son moi nosas”, apuntaron desde Ourense.

10 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.