Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo mellorará a pavimentación de tres vías locais

Actuará nas que van de Devesa á Casiña, do cemiterio de Cures a Mouzo e na de Tufións // As obras serán financiadas con cargo ao POS+ 2020

O Concello de Vimianzo mellorará a pavimentación do vial que une os núcleos de Devesa e Casiña, do que vai do cemiterio de Cures a Mouzo e o da vía de Tufións. O proxecto, financiado polo POS+ 2020 da Deputación Provincial da Coruña, contará cun importe de 96.988,7 euros e terá un prazo de execución de catro meses desde o comezo dos mesmos.

A actuación consistirá na renovación do pavimento actual, que é de zahorra nos tres casos, para aplicarlle asfalto e así solventar a problemática que supón o seu estado actual tanto para peóns como para condutores. Procederase tamén á limpeza de cunetas e perfilaranse con motoniveladora, para que cumpran así as funcións de evacuación da auga da choiva.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, remarca da “necesidade destes traballos, que necesitaban destas intervencións para mellorar así tanto as conexións interparroquiais como optimizar a seguridade de peóns como e condutores e condutoras”, destaca o edil.

11 nov 2020 / 20:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.