Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vimianzo outorga cento vinte e oito axudas para os estudantes locais

Vimianzo. O Concello de Vimianzo concedeu 128 axudas para o curso escolar 2021-2022, destinado para o alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos (Grao medio e superior) empadroados no concello, que estuden en centros públicos e que pertenzan a familias desfavorecidas economicamente. Adicáronse a tal fin 32.495 euros.

O obxecto das mesmas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que, polas súas condicións económicas, teñen máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar. Estas axudas son compatibles coas concedidas por calquera outra administración pública ou privada, para o mesmo fin, sempre e cando o total non supere o 100% do real do financiado.

A concelleira de Benestar Social, María José Pose, sinala “a importancia deste tipo de axudas para a veciñanza” logo de superar a etapa “máis crúa da pandemia”, pero da que todavía “non saímos na súa totalidade”, afirma. “É o noso deber estar a carón da nosa veciñanza e con estas bolsas reafirmamos o noso compromiso social co pobo de Vimianzo”.

17 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.