Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vimianzo súmase ao plan de acción para o clima e a enerxía

O Concello de Vimianzo aprobou esta mañá a adhesión ao Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).

Isto supón o compromiso por parte do Concello de Vimianzo de reducir as emisións de CO2 no seu termo municipal nun 40%. Está subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Os primeiros pasos consistirán na elaboración dun Inventario de emisións de referencia de dióxido de carbono que cuantifique as emisións deste gas debidas ao consumo de enerxía no territorio, para posteriormente realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticas.

Houbo unanimidade tamén na aprobación do regulamento de réxime interior da escola infantil municipal “Os Vimianziños”, e aprobouse a moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE referente ao manifesto do 25 de novembro “concellos galegos polo bo trato” da Fegamp.

27 nov 2020 / 19:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.