Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Visitas guiadas para descubrir os encantos da vila de Camariñas

Camariñas. O Concello de Camariñas ofrecerá a vindeira fin de semana unha serie de visitas guiadas gratuítas para dar a coñecer a cultura e a historia da vila mariñeira.

Comezarán o venres, ás 17.00 horas, e continuarán o sábado e o domingo (días 26 e 27) ás 12.00 e 17.00 horas. Malia que a reserva de prazas para os percorridos é de balde, os interesados deberán ter en conta que o número máximo de persoas por grupo será de 10 e que as inscricións faranse no punto de información turística do paseo marítimo, chamando ao número 981 737 204 ou ben enviando un correo electrónico a turismo@camariñas.net. Os menores que desexen asistir deberán ir acompañados por unha persoa adulta.

As actividades teñen como público obxectivo tanto visitantes que queiran dar un paseo e coñecer a vila, como a veciñanza que estea interesada en aprender cousas novas sobre Camariñas.

Ademais, para estes últimos tamén pode ser unha grande oportunidade na que compartir con todos os asistentes as súas experiencias e coñecementos sobre o seu lugar de residencia.

Todas as visitas contarán cun protocolo de prevención do covid adaptado á situación actual, e será obrigatorio o uso da máscara sanitaria. J. L.

20 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.