Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Visitas teatralizadas e guiadas ao castelo de Vimianzo e por Cereixo

Vimianzo. O castelo será o epicentro das actividades programadas polo Concello de Vimianzo para esta Semana Santa. Haberá visitas guiadas e teatralizadas dende o xoves ao domingo, que terán aos Quinquilláns como protagonistas. Os horarios para as teatralizadas serán ás 12.30 e 17.00 horas, estando reservada só unha sesión para o domingo, ás 12.30 horas. O resto das visitas guiadas serán ás 11.00, 14.00 e 18.30 horas, agás o domingo que só haberá unha sesión ás 17.00 horas.

A fortaleza da capital de Soneira acolle tamén, un ano máis, a Mostra de Artesanía en Vivo que ofrece demostracións de tratado do liño, encaixe, maquetaxe de barcos, traballos en palla, olería, artesanía de prata e vidro e traballos en coiro e papel.

Outros dos espazos reservados para acoller actividades durante os días festivos son os Batáns e Muíños do Mosquetín, Cereixo e o castro das Barreiras.

Nos Batáns ofrécense visitas guiadas ás 15.30 horas, de xoves a domingo, e no castro das Barreiras serán a partir das 20.00 horas os días 14 e 16, e ás 18.30 horas o día 17.

Pola súa banda, no porto de Cereixo, haberá unha visita teatralizada a cargo dos Quinquilláns o venres, ás 19.00 horas e, despois, ás 19.45 h. organizarase outra visita guiada.

As inscricións poderán facerse a través da web www.vimianzo.gal/turismo e resérvanse 20 prazas para participar en cada visita. Serán de balde e os menores deberán ir acompañados dun adulto.

A alcaldesa, de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destaca que este é un programa “pensado por e para todas as persoas que desexen coñecer máis pormenorizadamente a artesanía da Costa da Morte, pero tamén os nosos lugares máis senlleiros. Os Quinquilláns sempre lle dan un toque especial ás visitas, e estamos moi felices de volver a poder contar con eles”, afirma.

TEATRO. Unha programación especial que vén a complementar o amplo cartel de actividades infantís e para adultos que se veñen desenvolvendo na Casa da Cultura, e que terá continuidade despois da Semana Santa. Así, o día 23, a compañía Pistacatro representará en Vimianzo a súa obra Drop. A función comezará ás 20.30 horas, e o prezo das entradas é de 5 euros (2,5 € as reducidas). E o domingo 24 Anxo Moure traerá á capital de Soneira A Ciclobiblioteca. A entrada é de balde e o espectáculo comezará as 18.30 horas. M. L.

13 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.