Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volve Devota y Lomba este ano á Mostra do Encaixe

Amosarán na pasarela de moda de Camariñas unha colección fresca pensada para o verán

Camariñas. O primeiro nome da lista de confirmacións da alta costura de cara á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña supón o regreso de Devota y Lomba, a firma de Modesto Lomba, ao desfile de Grandes Deseñadores.

O deseñador non puido participar na pasarela nas dúas últimas edicións, aínda que si o fixo como xurado do concurso de Noveis Deseñadores do ano 2019. “Es un regreso natural y, como dijo Fray Luis de León al regresar a su cátedra de Salamanca tras años encarcelado por la Inquisición, dicebamus hesterna die (como decíamos ayer)”, explica Modesto.

“Para Devota y Lomba la vinculación con la artesanía es esencial para nuestro proceso de trabajo creativo y el encaje aporta la sutileza y finura del trabajo de las artesanas, enriquece el resultado final de un vestido u otra pieza textil”, afirma ó respecto.

Sobre o retorno do evento á súa data habitual e practicamente sen restricións tras a atípica Mostra celebrada o ano pasado no mes de outubro, Modesto Lomba amósase “deseoso de regresar a la vida diaria y sus acontecimientos, y lo hacemos incorporando una pieza más a nuestro vestuario: la mascarilla”. O recoñecido deseñador traerá “una colección fresca y preparada para el verano”. m. l.

30 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.