Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volven a soar as badaladas do reloxo do IES Fernando Blanco, de Cee

Trátase dun Ungerer do ano 1886 que foi restaurado de xeito integral na Coruña

Cee. O reloxo da torre do edificio do IES Fernando Blanco, de Cee, volve a marcar o paso do tempo e a dar as badaladas puntualmente cada cuarto de hora. Esto foi posible grazas á restauración integral e de cáracter conservador á que foi sometido nos últimos meses no taller de Dans Relojeros da Coruña.

Trátase dun reloxo monumental fabricado pola Casa Ungerer de Estrasburgo no 1886, que conta de tres corpos ou módulos: o de marcha, o de cuartos e o das horas. Foi instalado na torre ceense polos reloxeiros madrileños M. Hoefler, nome que se pode ver tano na esfera como nunha placa baixo o bastidor.

Na súa restauración, segundo informan dende a Fundación Fernando Blanco, “primou a recuperación sobre a substitución e volveron ao seu estado orixinal as partes modificadas en intervencións anteriores realizadas durante o último século e medio. Como parte intrínseca dun ben catalogado, formando parte do mesmo, realizaron todos os traballos conforme ás normas de restauración e a carta de Venecia”.

Ademais do reloxo, tamén foi restaurada a esfera exterior e o armario que contén a maquinaria. O custe foi asumido pola Consellería de Cultura e Educación e Universidade.

Dende a fundación amosaron a súa “satisfacción” por esta restauración que, din, “para Dans Relojeros foi algo máis que un traballo, pois transmitíuselles que o reloxo é un símbolo de Cee e tratábase de recuperar un peza histórica”. Así o valoraron tamén os restauradores, que incluso pediron permiso para expoñelo nas súas instalacións da Coruña mentres non se volveu a montar.

21 nov 2020 / 17:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.