Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Zas acolle a obra ‘Sobre o mal que fai o tabaco’

Zas. Este sábado, día 7 de maio, a V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose trae ao auditorio de Zas a traxicomedia Sobre o mal que fai o tabaco, que será posta en escena polos actores e actrices da Escola Municipal da AA.EE. da Estrada. A función comezará ás 21:30 horas. A peza é unha conferencia na que Iván Ivanovich comeza a falar sobre os danos que provoca o tabaco e remata falando sobre as súas miserias e debilidades de forma absurda, cómica e traxica a un tempo. Está dirixida a maiores de 12 anos.

O público ten un papel moi importante neste certame xa que ao final da representación os asistentes poderán valorar a obra de forma anónima cubrindo unha sinxela papeleta. Coa suma de todas as votacións, determinarase a mellor obra valorada polo público, que recibirá un premio de 200 euros xunto cun trofeo e un diploma acreditativos. O resto das distincións serán proclamadas polos membros dun xurado. M. L.

07 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.