Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Zas contratará un albanel e catro peóns de obras e servizos múltiples

O Concello de Zas vén de publicar as bases para a contratación de cinco persoas, con carácter temporal, para a brigada municipal de obras e servizos múltiples. Os contratos, de carácter temporal, inclúense dentro do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña. En concreto trátase dun posto de albanel oficial de primeira e de catro peóns de obras e servizos múltiples.

Ademáis crearase unha lista de substitución. Os candidatos selecionaranse mediante o sistema de concurso-oposición e o contrato é a xornada completa cunha duración, en todos os casos, é de oito meses. O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 22 de marzo. Os aspirantes deben ter o certificado de escolaridade ou equivalente e posuir o permiso de conducir tipo B1. Soamente poderán ser contratadas as persoas que estean en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e que se encontren nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral: ser muller, ter máis de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade, persoas desafavorecidas ou vítimas de violencia de xénero. Os interesados poderán consultar as bases na Sede Electrónica do Concello de Zas.

14 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.