Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Mesa mobilízase no Grove pola deturpación do topónimo da Toxa

As traballadoras da conserveira de Thenaisie tamén se mobilizaron na illa con motivo da clausura do Foro La Toja

O grupo da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra–O Salnés celebrou onte unha concentración de repulsa ante deturpación do topónimo da Toxa, con motivo da clausura dun Foro que “fai desta agresión á lingua galega o seu sinal de identidade”, á que se sumaron tamén veciños do propio concello. 25 persoas aproximadamente achegáronse ata o inicio do paseo de Beiramar, dende onde se trasladaron finalmente ata a entrada da illa da Toxa. Ao son de clásicas consignas como “Na Galiza, en galego”, os manifestantes demostraron o seu claro rexeitamento á castelanización do topónimo da illa, un dos buques insignia do sector turístico arousán.

Xa no remate, a responsable da Mesa pola Normalización Lingüística na comarca, Sabela Bará, sinalou “a vergoña” que supón que destacados dirixentes políticos como Feijoo ou Sánchez participen nun evento que despreza os nomes propios dos lugares galegos, “deturpándoos e hibridizándoos”. “É un insulto que ademais incumpre a lexislación que sinala que a única forma oficial e a lexítima, a que galegas e galegos lle dan na súa propia lingua”, indicou. “É vergoñento que 34 despois da aprobación da lei que recoñce a oficialidade única dos topónimos galegos aínda teñamos que mobilizarnos para reclamar o seu cumprimento mais aínda dá máis vergoña que os responsábeis políticos que deben garantir o mínimo pola dignidade de Galiza participen disto“, concluiu Bará.

NON FOI A ÚNICA MOBILIZACIÓN DO DÍA. Se pola tarde foi momento de defender a lingua, pola mañán, foron as traballadoras de Thenaisie Provoté quenes acudiron ás portas do Gran Hotel a defender os seus dereitos laborais. A histórica fábrica de Rons –hoxe en mans da romanesa Scandia Foods– atópase nun concurso voluntario de acredores dende o mes de maio, coa empresa propietaria “poñendo paus nas rodas” a toda posible negoaciación que permita a entrada dun socio con capital que reconduza a situación.

Máis dun cento de traballadores e veciños acudiron á illa para visibilizar a súa situación ante as máis altas esferas políticas congregadas á mesma hora nas mesmas instalacións que en tempos pasados se ten xuntado o Grupo Bilderberg, así mesmo para demandar a intermediación do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que se atopaba clausurando o Foro.

04 oct 2020 / 10:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.