Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Este ano non hai Festa, pero segue a haber Marisco

Emgrobes organiza as Xornadas Marisqueiras do Grove entre o 9 e o 18 de outubro coa intención de atraer visitantes cara a hostalaría e restauración locais

A hostalaría e restauración do Grove contan dende 1963, cunha cita como a Festa do Marisco, que permite ampliar a súa tempada cando menos ata mediados de outubro, cunhas xornadas de exaltación dos produtos do mar que co tempo foron evolucionando cara un programa cunha importante vertente cultural, con concertos de recoñecidos intérpretes, animación nas rúas, regatas de dornas ou o simposio de escultura. En definitiva, unhas datas que supoñen un importantísimo atractivo para os visitantes e que permiten, ademais, poñer en valor os dous pilares básicos da economía local, o turismo e a pesca, que conxugados fan posible a realización destas xornadas.

A súa realización este ano foi suspendida por mor do coronavirus, como a meirande parte da infinidade de romarías e festividades gastronómicas que se celebran anualmente en Galicia. Non obstante, os hostaleiros mecos agrupados entorno á asociación Emgrobes intentaron “por todos os medios que o Concello realizara accións de promoción complementarias ou alternativas á esta Festa, que incidiran na necesidade de acudir aos hoteis e restaurantes do Grove, que con medidas de seguridade, lle ofrecen ao visitante unha extraordinaria gastronomía neste mes de outubro”, sinalaron dende a patronal o pasado martes, na presentación das Xornadas Marisqueiras do Grove, que dan comezo hoxe ata o domingo 18, que non son outra cousa que “unha serie de accións promocionais para dinamizar a actividade turística na nosa vila durante estas datas incluíndo a ponte do Pilar”.

E é que a resposta acadada pola patronal meca por parte do Concello non foron “máis ca negativas”, debido á inestabilidade da situación sanitaria, con varios dos concellos da comarca sometidos a restricións. Por iso, Emgrobes intentou conseguir financiación a través doutras administración para poder levar a cabo algo que “consideran fundamental para esta vila que vive en gran parte do turismo e dos produtos de mar”, indican. “Desta simbiose naceron estas xornadas que non son máis que unha promoción destes produtos da nosa vila, xa que o marisco de calidade donde mellor se pode degustar é nos nosos hoteis e nos nosos restaurantes, e sobre todo, sabendo que se cumplen as medidas de seguridade establecidos pola crise do covid-19. Mostra de todo esto é que O Grove, por sorte, é un dos sitios no que a incidencia deste virus é menor, e todo esto é o que queremos destacar”, destacaron dende a asociación de empresarios.

Na presentación do pasado martes, que se levou a cabo no barco de paseo Fly Delfín, estiveron presentes políticos, representantes da confraría, directivos da asociación, da Xunta de Galicia, a través da súa delegada territorial, María Luisa Piñeiro Arco. Ademáis da compañía da actriz galega Arantxa Treus (Serramoura, Fariña...) que fixo de moderadora, entre todos trataron de transmitir unha mensaxe clara para os visitantes: “con seguridade nos locais, sí se pode”.

“A cociña do mar”, abrirá a veda destas xornadas no día de hoxe, centrado nos moluscos bivalvos onde os visitantes poderán “aprender máis sobre os moluscos bivalvos mecos como a ameixa roxa e reloxito”. O acto terá lugar no Mirador da Lonxa entre as 17:30 e as 20 horas e contará, tamén, cun showcooking en directo de dous cociñeiros locais como Miguel Barreiro Parada do restaurante La Posada e Lorena Moldes Otero do restaurante Pan de Millo que realizarán tres recetas para degustación, unha cita que contará coa visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana.

09 oct 2020 / 12:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.