Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fontecarmoa volverá a recibir mañán bañistas tralas obras de mellora

Haberá toma de temperatura e será obrigatorio o uso de máscaras agás no momento do baño ou a ducha // O aforo redúcese a un 75% e, polo momento, o spa permanecerá pechado

Despois de dous meses de obras e un investimento de 120.000 euros para renovar os sistemas de deshumidificación e calefacción, a piscina municipal de Fontecarmoa abrirá as súas obras de novo, mañá, a partir das 7:00 horas. Onte, os servizos técnicos asinaron a acta de recepción de obras, último trámite para poder abrir as instalacións. Prevendo ese feito, nos últimos días os técnicos de Serviocio xa foron preparando as medidas de control e se puxeron en contacto cos seus usuarios para poder ir planificando o calendario de actividades.

Os usuarios que dende mañá acudan ao complexo polideportivo de Fontecarmoa vanse atopar con algunhas novidades, derivadas da pandemia do Covid-19. Así, o primeiro que terán que facer é desinfectar o seu calzado mediante unha alfombra posta na mesma entrada da piscina. Despois, deberán desinfectar as mans con xel hidroalcóholico para, acto seguido, serlle tomada a temperatura. Só aqueles que non presenten ningún indicio poderán acceder ás instalacións. En todo caso, e agás no momento do baño ou na ducha, os usuarios deberán levar sempre posta a súa máscara, de acordo co protocolo de seguridade deseñado pola Xunta para as instalacións deportivas de Galicia.

Mentres ese protocolo siga vixente, o aforo máximo será do 75%. Con todo, e tendo en conta esa mesma reglamentación, o SPA permanecerá pechado. Os técnicos de Serviocio entenden que estar nunha sauna ou nun baño turco con máscara non é precisamente unha experiencia agradable, polo que optaron por esperar a un momento no que rebaixen as medidas de seguridade.

Polo demais, os horarios seguirán sendo os mesmos: de 7 da mañá ás 23:30 horas de luns a venres, de 8 da mañá ás 9 da noite, os sábados; e de 10 a 13:30 os domingos. Os sistema de acceso segue sendo o mesmo: como socio de Serviocio, como usuario da Fundación de Deportes ou por libre. Sen embargo, e tendo en conta a restricións de aforo e as medidas de seguridade, é moi probable que se estableza un período de tempo –de 4 a 8,30 da tarde- no que non se admitirá a entrada de usuarios “por libre”.


Á ESPERA DA AMPLIACIÓN. A piscina puido volver a abrir unha vez rematado un investimento de 120.000 euros, que serviron para instalar unha nova maquinaria que garantirá as condicións idóneas de temperatura e humidade no interior das instalacións da piscina, e polo tanto un maior confort e seguridade sanitaria aos usuarios. Ademais, ao contar coas últimas innovacións, permitirá un maior aforro enerxético. tecnoloxías, incidirá de forma moi notable no aforro do consumo enerxético e repercutirán nun maior respecto ao medio ambiente, ao contar cunha elevada eficacia enerxética. De feito, o investimento foi financiado a través dunha liña dos Fondos FEDER dedicada expresamente a favorecer as economías baixas en carbono. A través da EDUSI Vilagarcía Avanza tamén está en proceso a ampliación da propia piscina, que deste xeito contará cun novo edificio anexo e un novo vaso.

15 sep 2020 / 15:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.