Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O comité clínico da Xunta eleva á Illa ao nivel medio-alto de restricións

Deste xeito, Vilanova convértese no único concello da bisbarra que encara a chegada do Nadal no nivel básico estimado polo departamento autonómico de saúde

A partires das 00:00 horas da madrugada de hoxe, a Illa de Arousa pasará a entrar na lista de concellos cun nivel medio-alto de restricións, chanzo no que xa se atopan na comarca Vilagarcía, Meis, Meaño e Ribadumia. Así o decidiu na mañán de hoxe o comité clínico da Xunta para o seguimento da crise COVID.

Deste xeito, no arquipélago arousán a partires deste xoves a hostelería terá que pechar as súas portas ás 17:00 horas, ademais de rebaixarse o aforamento ao 30% no interior e ao 50% nas terrazas. Un aforamento que quedará reducido ao 50% tamén no comercio. As reunións sociais poderán contar con catro persoas como máximo en todos os ámbitos –incluída tamén a hostalaría– sexan convivintes ou non. Sopesará asi mesmo sobre o concello un peche perimetral que impedirá tanto a veciños como visitantes cruzar a histórica ponte que une á Illa co concello de Vilanova sen a debida xustificación.

Ata este momento, a Illa era o único concello do Salnés que non saíra do nivel básico de restricións dende que estes chanzos foron deseñados por Sanidade, non obstante, tras superaren onte os 40 positivos detectados nun concello que non supera os 5.000 habitantes e a tendencia continúa á alza, motivo que levou ás autoridades sanitarias a incluír o concello insular no listado de restricións.

Vilanova de Arousa, no outro lado da ponte, convertirase deste modo a partires de mañán no único concello da Comarca sobre o que non pesan restricións adicionais. Non obstante, ao agravamento dos datos epidemiolóxicos nos concellos da contorna levou ao alcalde, Gonzalo Durán, a decidir intensificar o control no límite perimetral cos concellos con restriccións de mobilidade. Unha tarefa que tanto a Policia Local de Vilanova como o Servizo de Emerxencias xa iniciaron na mañán de hoxe establecendo un punto de vixiancia na fronteira con Vilagarcía, para asegurar que a circulación de persoas entre un lugar e outro fose a correcta ou coa debida xustificación.

16 dic 2020 / 18:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.