Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O prendido das luces do Nadal realizarase en Vilagarcía vía streaming

Persoal municipal comezou a montar hoxe “xardins efémeros” nas rúas e parques de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril

A crise sanitaria derivada do coronavirus está obrigando ás institucións tanto privadas como públicas a repensar os seus actos tradicionais de Nadal co fin de evitar as tan temidas aglomeracións. É o caso do Concello de Vilagarcía e o seu prendido do alumeado navideño, previsto para o vindeiro venres, 27 de novembro, que dende Ravella xa anunciaron, se realizará vía streaming.

Papa Noel chegará un pouco antes á cidade arousa e, interactuará cos nenos e nenas que entren na páxina de Fabebook e no canal de Youtube do Concello. Coa colaboración dun “peculiar elfo”, Papa Noel explicará como encara o Nadal e responderá ás cuestións que lle farán chegar os vilagarciáns.

Unha vez respostadas as dúbidas presentadas pola rapazada, que dende o Concello están seguros “serán moitas”, Papá Noel xunto co alcalde Alberto Varela procederán a pulsar o botón que fará que todas as luces do Nadal prendan á vez. Isto quere dicir que xunto co cono da praza de Galicia, con 20 metros de altura, tamén o farán os 13 xardíns efémeros con decoración típica do Nadal que decorarán outras tantas rúas e prazas do municipio.

Uns xardíns que o persoal dos servizos municipais de Xardíns e de Electricidade comezou a montar no día de hoxe e que volverán, un anos máis, a decorar as rúas e parques de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán. Un tipo de decoración de rúa que se utilizou por primeira vez o ano pasado con dous obxectivos: complementar a decoración de Nadal con elementos que tamén ambienten durante o día, cando ao alumeado está apagado e como elemento de atracción de xente co que animar as rúas e dinamizar a actividade comercial e hostaleira.

Dende o Concello anímase á xente a participar nesta singular forma de comezar o período festivo, evitando na medida do posible aglomeracións na rúas e, en calquera caso, mantendo a distancias de seguridade e usando máscaras. O goberno de Alberto Varela é “plenamente consciente” de que malia que as cifras de contaxios van mellorando, aínda queda moito por camiño por andar e as festas serán este ano irremediablemente distintas, o cal non quere dicir que se teña que renunciar a vivilas nin ao ambiente que se xera arredor delas.

Se o prendido das luces será o venres, ao día seguinte porase en marcha a segunda fase da campaña de animación do comercio e hostalería “Son da Casa”, o que fará poñer en circulación 112.500 euros. Unha semana despois, botará a andar o mercado de Nadal, nesta ocasión distribuído en máis superficie para axudar a manter as distancias sen renunciar ao ambiente de celebración.

23 nov 2020 / 15:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.