Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A ARD colabora coa hostalaría para cumprir coas medidas restritivas

Pon á disposición dos empresarios un servizo para obter un cartel co aforo e o código QR

Noia. A asociación Ría de Muros Noia, vén de lembrar a obligatoriedade de cumprir as normas para os establecementos de hostalaría, recollidas na orde publicada o pasado 25 de febreiro no Diario Oficial de Galicia (DOG) por parte da Xunta.

A través dun comunicado, o citado colectivo destaca dúas normas imprescindibles para o correcto funcionamento da desescalada: a obrigatoriedade de ter nun lugar visible o aforo do local segundo un procedemento estandarizado para todos os establecementos de Galicia, así como de ter un código QR oficial de hostalaría segura. Ambos requisitos, sinalan, poden obterse na plataforma pública Turespazo mediante un rexistro previo.

Para facilitar estes trámites, a ARD Ría de Muros Noia pon a disposición dos hostaleiros un servizo para a súa obtención e a emisión dos carteis correspondentes para cada negocio que o solicite.

Xunto con estes documentos a entidade tamén remitirá outros carteis de información obrigatoria (uso de máscara, prohibición de fumar, distancia interpersoal e máximo de persoas por mesa).

O servizo está dispoñible dende o pasado luns. Os interesados poden solicitar máis información chamando ao teléfono 651 746 816. m. c.

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.