Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Asociación Turística Comarcal Ría Muros-Noia pon en valor o Camiño de Santiago pola costa

Varios membros do colectivo percorreron durante sete xornadas este espectacular itinerario

Ao longo do último mes, membros da Asociación Turística Ría Muros e Noia percorreron ao longo de sete xornadas o espectacular itinerario deste novo Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia. Iniciaban a andaina no porto de Muros para ir percorrendo o trazado deste Camiño, feito público recentemente. A primeira xornada levounos dende o porto Muros ata a poboación de Esteiro, onde iniciaron a segunda xornada, para rematar na Serra de Outes.

Na Serra retomaron o camiño e percorreron a distancia que os separaba de Noia, chegando á Praza do Tapal. A seguinte xornada levounos a facer o traxecto que vai dende O Son ata Noia para, a partir daquí, deixar atrás a Ría de Muros e Noia e cubrir a distancia de Noia a San Xusto. Na penúltima xornada percorreron a parte do trazado que descorre entre San Xusto e Os Ánxeles. Na sétima e derradeira xornada fixeron a entrada triunfal na Praza do Obradoiro, cumprindo co obxectivo de chegar á Catedral, despois de iniciar a xornada no Val da Mahía.

Con esta actividade a Asociación Turística Ría Muros e Noia pon de releve a súa aposta polo Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia e a importancia potencial que este pode ter no destino en canto a dinamización da actividade turística e `para a economía local en xeral. Ao tempo que anima á realización deste espectacular Camiño pegado ao mar e a visitar un destino cunha gran riqueza patrimonial e paisaxística que non deixa indiferente.

18 jun 2021 / 13:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.