Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Caldas de Reis engade as luces, elementos decorativos nas rúas, comercios e locais de hostelería que invitan ao paseo // En Ames houbo barra libre de chocolate con churros no acto deste mércores // No Pino programaron para este domingo a presentación da iluminación local e da árbore TEXTO Avelino Arca

A comarca xa acendeu o seu Nadal

    Cargando reproductor ...

Coas festas á volta da esquina, as luces do Nadal xa comezaron a brillar en moitos dos concellos de Área. En Noia, xa lucen as súas mellores galas dende o pasado xoves. O espírito navideño estendeuse este ano pola localidade, xa que por primeira vez iluminouse o tradicional palco da música, situado na alameda, e ampliouse a iluminación á zona de Labarta. Como en anos anteriores, apostan polos elementos decorativos vistosos e contaron coa participación da asociación Misela na decoración das celosías que se atopan no casco histórico da vila.

Tamén en Porto do Son pulsaron o botón do aceso o sábado. Coa intención de pór algo de cor e alegría nestes tempos, o executivo local engalanou o municipio con adornos e figuras navideñas. O acto oficial tivo lugar na Praza de España, cuberta por un manto dourado de luces.

En Caldas de Reis xa ten en funcionamento o alumeado especial de Nadal e tamén numerosos motivos decorativos en diferentes rúas e espazos públicos da vila, como nas palmeiras, facéndoa máis acolledora e atractiva, e invitando a pasear para descubrir múltiples recunchos que sorprenden aos visitantes. O comercio local e a hostalería caldense tamén fan un esforzo de creatividade e decoración dos seus escaparates e establecementos convidando a visitar e a mercar en Caldas nestas festas de Nadal.

En Malpica acenderon a iluminación de Nadal na noite do martes, e esta semana acabarán de instalar as luces nas parroquias. Son moi variadas e 3D moitas delas. Dende o consistorio malpicán queren así “contribuír a dinamizar o pobo para apoiar aos distintos sectores económicos nestas festas de importante actividade para eles”, afirman.

No Concello de Ames decidiron facer este mércores o acendido da iluminación, pero ben acompañada pola actuación do coro da Escola Municipal de Música de Ames e unha degustación que repartiu de balde, e durante unha hora, chocolate con churros. Este ano a iluminación navideña superará os cen arcos de luces e inclúe grandes elementos decorativos: así, en Bertamiráns haberá unha “A” de Ames na praza do Concello; e un motivo luminoso co número 2022 na praza da Maía, ao tempo que na meirande das urbes, O Milladoiro, ubicarase unha árbore artificial iluminada na praza de Manuel Murguía; e unha bola xigante na praza da Madalena). E todo sen esquecer a manta de luces que cubrirá unha parte da rúa de Anxeriz, no Milladoiro.

O Nadal chegou a Oroso a pasada semana co acendido do alumeado no casco urbano e as parroquias. O Concello quixo sorprender á veciñanza cun alumeado especial e variado, con elementos novos e coa intención de que Oroso viva unhas festas especiais. O alcalde, Luis Rey Villaverde, fixo un percorrido polo alumeado cos concelleiros e concelleiras Isabel Fernández, Beatriz Rodeiro, Javier Grela e José Calvo. Pero por si quedaron cas ganas, hai aínda municipios, como o de O Pino, onde aínda teñen programada para o vindeiro fin de semana a posta en marcha da iluminación e a da súa árbore, un acto que chegará este domingo ás 19.30 na capital local.

08 dic 2021 / 19:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.