Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A mineira de San Finx cambia por sorpresa o nome a Pivotal Metals

Esta “mudanza de denominación non engana a ninguén” di Ecoloxistas en Acción

Lousame. Fai tres anos que Rafaella Resources se fixo cargo da mina de Varilongo, en Santa Comba, e un ano desde que aceptou facer o propio ca de San Finx, en Lousame. Nese tempo, segundo informan dende Ecoloxistas en Acción, “a empresa conseguiu queimar a súa imaxe, Ademais, nos últimos meses a cotización da empresa caeu a mínimos históricos”.

Por iso, buscando “afastarse da súa nefasta traxectoria, Rafaella vén de comunicar aos seus inversores o cambio de denominación, adoptando o de Pivotal Metals Limited, que xa rexistrou a matriz nun proveedor de dominios español. A mudanza anunciarase en Londres durante o salón Mines and Money, onde tamén pretende vender a novos accionistas un proxecto de megaminería a ceo aberto en Santa Comba, xusto cando pode perder definitivamente as concesións, así como unha inviable reactivación da mina de San Finx”, explican.

Dende Ecoloxistas en Acción e as plataformas veciñais que se opoñen aos proxectos de minaría en San Finx e Varilongo, deixan claro que a mudanza de denominación “non engana a ninguén” e que seguirán “impulsando os procesos xudiciais en curso e denunciando a actividade de Pivotal Metals Limited en todas as instancias”, apuntan. m. c.

28 oct 2022 / 20:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.