Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘A parábola do angazo’, que mistura o humor coa lingua, chega a Carnota

carnota. A obra A parábola do angazo chegará a Carnota o día 20 no marco do programa Maio, mes das Letras, da concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística. Será no salón de actos do Concello (21.00 h).

Trátase dunha comedia da compañía Talía Teatro, na que conta a historia dun mozo dunha aldea galega que esquece a súa lingua ao emigrar uns meses a Castela. Partindo dunha lenda xa recollida polo Padre Sarmiento no século XVII, a obra busca mostrar a capacidade de resistencia do galego. A entrada é libre e de balde, sen reserva previa.

A comedia A parábola do angazo é unha viaxe con humor pola historia do galego. Conta como un mozo dunha aldea esquece o galego ao emigrar uns meses a Castela. Este espectáculo está financiado pola Deputación da Coruña a través del programa Rede Cultural. m. c.

11 may 2022 / 20:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.