Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Pobra acolle un curso de monitorado
de tempo libre

A Pobra. O Concello da Pobra impartirá do 23 de abril ó 23 de xullo na Casa da Mocidade un curso de monitorado de ocio e tempo libre dun total de 350 horas lectivas, con parte teórica e práctica e en modalidade semipresencial. A parte presencial será os sábados, de 09.00 a 19.00 horas.

A tarifa xeral é de 200 €, pero hai unha serie de bonificacións acumulativas de 50 € por desemprego, matrícula nunha titulación oficial, posesión do certificado de discapacidade, situación de risco ou exclusión social e realización do período de prácticas en actividades municipais.

O prazo de inscrición comeza este martes 29 e remata o día 4 de abril. Estipúlase un máximo de 20 prazas que se cubrirán por orde de entrada. A superación deste curso posibilitará acceder á formación de acompañante de transporte escolar e manipulación de alimentos.

Os interesados deben achegar copia do DNI, do pasaporte ou do documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade da persoa aspirante; o título de graduada/o na ESO, o graduado/a escolar ou equivalente; o xustificante de pagamento do curso; e a documentación precisa para xustificar o acceso a cada unha das bonificacións que se soliciten. s. s.

28 mar 2022 / 14:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.