Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra crea Espazos na lareira, para achegarlle os Servizos Sociais ós veciños

A POBRA. Dar a coñecer os novos programas implantados na Pobra no ámbito social, facer unha valoración ao respecto e crear rede, son os obxectivos de Espazos na lareira, un lugar de encontro para a veciñanza, colectivos e persoal de Servizos Sociais que terá lugar o xoves 16 ás 18.00 horas no auditorio do Museo Valle-Inclán. A edil de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, explicou que a iniciativa xorde para crear comunidade ao tempo que se explican as iniciativas operativas e aquelas que están a piques de entrar en funcionamento, “en moitas das cales o Concello é pioneiro”, dixo. Servirá tamén para recoller as propostas cidadás. Así mesmo, a edil fixo fincapé na necesidade de desmitificar o concepto ao redor deste departamento: “hai que achegar os Servizos Sociais á rúa”, sinalou. O acceso á xuntanza é libre ata completar o aforo. s. souto

10 feb 2023 / 18:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.