Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra ofrece un curso sobre a horta ecolóxica

A Pobra. O Concello da Pobra promove nova formación para ampliar o proxecto de aproveitamento de excedentes agrarios que busca pór en valor a produción agrícola das pequenas explotacións do concello; fomentar o consumo de alimentos de calidade e de proximidade (quilómetro 0); xerar actividade económica a partir dos produtos de tempada; dinamizar o comercio local, neste caso, a través dunha plataforma dixital; fomentar a actividade agraria; e promover un estilo de vida saudable e sostible.

A concelleira de Promoción Económica, Charo Varela; a técnica municipal desta área, Sara Sánchez; e Manuel González, en representación de Sachos á Rúa, foron as persoas encargadas de dar conta deste curso sobre iniciación á horta ecolóxica, no cal se abordarán distintas temáticas, como as tipoloxías de solo, fertilizantes naturais ou planificacións de cultivos nas distintas fases, entre outras.

As sesións teórico-prácticas de balde impartiranse os días 4, 5, 10 e 11 de outubro de 17.00 a 19.00 horas. As clases serán na aula de estudo da biblioteca. Requírese inscrición chamando ó número de teléfono 981 843 280. s. s.

28 sep 2022 / 16:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.