Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Pobra ofrece vinte prazas no servizo para a conciliación

Os nenos e nenas de 3 a 12 anos dispoñen de talleres deseñados con perspectiva de xénero

A Pobra. O goberno local da Pobra fomenta a conciliación polas tardes a través do Espazo de Coidados Corresponsables, un servizo municipal de balde ao abeiro do Plan Corresponsables financiado polo Ministerio da Igualdade.

A concelleira de Igualdade, Charo Varela, explica que “o obxectivo deste servizo é contribuír a compatibilizar a vida laboral e persoal de mulleres e homes, ademais de fomentar a corresponsabilidade nos labores domésticos e tamén na atención á familia favorecendo a asunción equilibrada das responsabilidades”.

O servizo funciona de luns a venres, en horario de 16.00 a 21.00 horas, nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras. A rapazada de entre tres e doce anos de idade asistirá a obradoiros de lectura, labores manuais ou xogos cooperativos, entre outras propostas, todas elas con perspectiva de xénero.

Ofértanse un total de vinte prazas que se deberán reservar no departamento da Igualdade do Concello. As persoas interesadas poden obter máis información a través do enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou do teléfono de contacto 981 832 764, marcando a extensión 6.

A maiores, cómpre lembrar que o Concello da Pobra facilita polas mañás os servizos de comedor e Madruga a prol da conciliación. s. s.

15 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.