Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Á venda as entradas para a xuntanza ribeirense dos maiores do 6 de novembro

RIBEIRA. A partir deste luns 17 estarán xa á venda na Oficina de Atención Cidadá do Concello as entradas para asistir á Xuntanza do Maior de Ribeira, que terá lugar o domingo 6 de novembro no pavillón da Fieiteira despois da misa que se oficiará no templo parroquial de Santa Uxía (a hora está aínda por concretar). Haberá autobuses lanzadeira dende o casco urbano para facilitar o transporte ata o complexo polideportivo, estando prevista a apertura de portas para a unha da tarde. Ademais do tradicional xantar, a xuntanza incluirá un baile amenizado por un grupo musical e sorteo de agasallos. O prezo das entradas é de 16 euros, importe que se poderá pagar con tarxeta bancaria (o modo recomendado) ou en efectivo. O prazo para adquirilas remata o día 2. Teñen preferencia os xubilados maiores de 55 anos empadroados en Ribeira. s. souto

17 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.