Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Abren a preinscrición nos tradicionais cursos de natación de Lousame

lousame. O Concello de Lousame abriu o prazo de inscrición nos seus tradicionais cursos de natación, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, dirixidos a persoas a partir dos 4 anos. Os cursos terán un prezo de 10 euros por mes e terán lugar ao longo dos meses de xullo e agosto na piscina municipal da Silva. Convocan un total de 68 prazas e organizan tres grupos de idade. Así, haberá 24 prazas para nenos e nenas de 4 a 6 anos, que terán clase de 12.30 a 13.00 horas e de 13.00 a 13.30 horas. Para os rapaces e rapazas de 7 a 10 anos haberá 20 prazas, con sesións de 11.30 a 12.30 horas. Finalmente, as persoas maiores de 11 anos terán clase de natación de 10.30 a 11.30 horas, con 24 prazas dispoñibles. Os cursos comezarán o luns 4 de xullo. Os interesados poden realizar as preinscricións a través de Bandoticket.com. ecg

20 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.