Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Abren as inscricións no Outes Concilia ata o 16

Outes. O Concello de Outes, a través do Centro de Información á Muller (CIM), convida a todos os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 (escolarizados) e os 12 anos a participar no Campamento Tempo de Nadal, do programa Outes Concilia, que se desenvolverá os días, 23, 26 ,27, 28, 29, 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 8.00 a 16.00 horas na casa da cultura outense.

As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitindo a entrada e saída flexibles. Ademais, os rapaces terán opción de almorzar e xantar no servizo, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos en termos e neveiras.

As prazas son limitadas e o prezo total do campamento ascende a 30 euros, mentres que por días soltos son 6 €.

As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Outes, ou de xeito presencial no Rexistro do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. O prazo de inscrición remata o 16 de decembro. Máis información no CIM de Outes (981 850 949). ecg

06 dic 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.