Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O parque periurbano de San Roque acolle este domingo un contacontos musical

RIBEIRA. Logo de non poder celebrarse a pasada fin de semana polas malas condicións meteorolóxicas, este domingo ao mediodía vai ter lugar no parque periurbano de San Roque, en Ribeira, o festival Raíces: o río conta historias, que pretende converter o lavadoiro do río Pedrín nun escenario no que levar a cabo actividades relacionadas coa historia. Ao mediodía celebrarase o espectáculo de contacontos musical en galego Elas, no que as protagonistas son as mulleres, con temáticas que van dende a lingüística arredor da auga ata a consideración histórica e social da muller, pasando polo folclore ou a hidrotoponimia. Elas é un espectáculo onde a narración oral se mestura coa música. Esta cita está pensada para que pais e nais acudan co seus fillos para desfrutar dunha xornada en contacto coa natureza. S. S.

13 ago 2021 / 14:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.