Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adisbismur adquire novo material cos cartos procedentes do IRPF

Dotou de equipamento os seus obradoiros de cestería, cerámica e tamén o de viveirismo

Outes. A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) dotou de equipamento novo os obradoiros ocupacionais de cestería, cerámica e viveirismo, ademais dos de rehabilitación en fisioterapia e logopedia, que se desenvolven no centro ocupacional e de atención diúrna e terapéutica en Valadares, en Outes.

A adquisición deste material foi posible coa subvención na convocatoria do 0,7 por cento do IRPF de 7.092,92 euros recadados grazas a todas as persoas contribuíntes que, ao facer a declaración da renda, marcaron o recadro de actividades de interese social, coñecida pola X Solidaria, e que xestiona a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social.

Este financiamento foi investido integramente na compra de xogos terapéuticos, nunhas paralelas con monorraíl, nunha extrusora de barro, utensilios de xardinería e unha balanza.

Un total de 48 usuarios de Adisbismur participan nestes obradoiros, que teñen como finalidade adquirir habilidades básicas prelaborais, favorecer a integración social e laboral, facilitar a autonomía persoal e, polo tanto, mellorar a súa calidade de vida e deter procesos dexenerativos. m. c.

23 mar 2021 / 16:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.