Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudican a explotación e mantemento da planta depuradora da Pobra

a pobra. Augas de Galicia adxudicou o contrato de explotación e mantemento da depuradora da Pobra á UTE Civis Global S.L. e Depuración de Aguas del Mediterráneo S.L. por un importe de 1,4 millóns de euros para os vindeiros dous anos. Trátase do servizo de conservación e mantemento da depuradora, deseñada para unha poboación de 30.000 habitantes equivalentes e para un caudal medio de 6.000 m³/día. O contrato abrangue os traballos de explotación e conservación das instalacións que forman parte do sistema de depuración para que cumpran os cometidos para os que foron deseñados en condicións óptimas de funcionamento. As tarefas de mantemento tamén prevén a retirada de graxas e flotantes no desareador-desengraxador da estación depuradora de augas residuais, que é estratéxica debido aos vertidos de carácter industrial. s. souto

03 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.