Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudican as obras de rehabilitación
e posta en valor
de Ponte Nafonso

Outes. A Xunta adxudicou as obras de rehabilitación e posta en valor da ponte Nafonso, na estrada AC-196, entre os municipios de Noia e Outes, por importe de preto de 574.000 euros. Os traballos, adxudicados á UTE Oys Noroeste S.L.U. e Obras y Viales de Galicia S.L, comezarán a principios de xullo e terán un prazo de execución de seis meses. A actuación ten como obxectivo mellorar a seguridade desta infraestrutura e garantir a súa conservación.

As obras previstas na ponte Nafonso, un ben catalogado patrimonialmente, consistirán na substitución do pavimento e da varanda existente, que se atopa deteriorada. Ademais, levarase a cabo a limpeza dos paramentos exteriores do viaduto coa fin de mellorar o seu aspecto estético, eliminando os elementos danados da fachada da fábrica de pedra para mantela en bo estado de conservación. M.t.

07 jun 2021 / 19:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.